lunes, 23 de febrero de 2015

Eu son Rosalía porque ...

Podedes escoitar o poema de Rosalía: Adeus río, adeus fontes , na voz de Amancio Prada





 Poesía de Cantares Gallegos

  
Nasín cando as prantas nasen, 
no mes das froles nasín, 
nunha alborada mainiña, 
nunha alborada de abril. 
Por eso me chaman Rosa, 
mais a do triste sorrir, 
con espiñas para todos, 
sin ningunha para ti. 
Des que te quixen, ingrato, 
todo acabou para min, 
que eras ti para min todo, 
miña groria e meu vivir. 
¿De que pois te queixas Mauro? 
¿De que pois te queixas, di, 
cando sabes que morrerapor te contemplar felís?
 Duro cravo me encravaches
 con ese teu maldesir, 
con ese teu pedir tolo 
que non sei que quer de min, 
pois dinche canto dar
 pudenavariciosa de ti. 
O meu corasón che mando
 cunha chave para o abrir, 
nin eu teño máis que darche, 
nin ti máis que me pedir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario